5/24/2012

A Festa das Letras Galegas

Tantas cousas nos pasaron que foi ben difícil gardalas todas xuntas na memoria. Para que non se esqueza nada, aquí tés un póster que o resume:

5/01/2012

Maratón de lectura 2012

 

Xa levamos 10 anos celebrando a maratón de lectura! Neste mes de abril achegámonos á figura de Xosé Neira Vilas a través de Balbino, o protagonista de "Memorias dun neno labrego". Mestres, familias, alumnado, e o propio alcalde de Muxía quixeron participar nesta celebración. Grazas a todos.

4/22/2012

Gañadores do concurso

O prometido é débeda! Aquí tedes o video coa lectura dos gañadores do concurso "Lemos poemas":

4/20/2012

Maratón de lectura


O vindeiro luns, 23, e como todos os anos, celebraremos a maratón de lectura. Este ano a obra escollida é "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas. Xa coñecemos todos a Balbino, xa sabemos das súas andanzas, das cousas que lle preocupan. Tamén estamos empezando a coñecer a don Xosé Neira Vilas, e agardamos con impaciencia a súa visita. Temos moitas cousas que preguntarlle. De momento, agardamos disfrutar coa súa lectura. Quedamos para o "Día do libro"? É a festa da biblioteca!

4/16/2012

Lemos poesía

O pasado 30 de marzo celebramos o concurso de lectura en voz alta "Lemos poemas". Para ir abrindo boca tedes aquí unha mostra dos participantes. Os gañadores, nun próximo video.

4/02/2012

"Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro"


Como todos os anos o IBBY (International Board of Books for Young people), conmemora o nacemento de Andersen coa publicación dun texto e unha ilustración en torno á literatura infantil. Este ano, o país encargado é México. Temos aquí o cartaz de Juan Gedovius e o texto de Francisco Hinojosa.

"Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.

Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.

Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os cuentos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.

E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar. Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices."

Hans Christian Andersen recolleu da tradición popular historias que converteu en fermosos contos coñecidos por todos. Se queredes reproducir algún deles recortando papel, podedes facer click neste enlace que nos ofrece o blog de leer.es.

3/30/2012

E será familia da nosa Curuxiña?

Mirade este fermoso video que acaba de chegarnos. Non se parece moito á nosa Curuxa Catuxa? Pode ser da familia... Do que non hai dúbida é de que ten un enorme corazón!